lunes, 30 de septiembre de 2019

MANIPULAMOS UVAS E TRABALLAMOS CON ELAS! (5 ANOS A)

A semana pasada tivemos a sorte de que unha profe nos trouxera uvas da vendimia, e xa que contamos con este froito de outono na aula aproveitamos para probar, manipular, e de paso traballar a lóxica-matemática!!!

- Fixemos estimacións de cántas uvas contiña un acio de uvas...e contámolas!
- Formamos cantidades pares e impares con elas e escribimos a grafía correspondente.

Aquí podedes ver unha mostra desta divertida sesión:









domingo, 22 de septiembre de 2019

ESTRENAMOS PORTA!! (5 ANOS A)

A porta da aula é o primeiro que se pode ver de nós cando  nos visitades, polo que decidimos decorala creando a paisaxe ideal na que nos gustaría estar e ser felices e anotamos todas aquelas cousas que disfrutamos facendo no cole!!
Así de chula nos quedou:








BENVID@S AO NOVO CURSO!! (5 ANOS A)

Fai pouco máis dunha semana que comezou o curso 2019/2020 e os nenos e nenas de 5 anos A chegamos ao cole con moitas ganas de descubrir todas aquelas novas cousas que nos traerá este curso escolar. 
Como cambiamos de aula, tivémonos que adaptar aos novos espazos e co paso dos días sentilos como propios.
Polo tanto, unha das actividades que levamos a cabo foi elaborar a etiqueta dos nosos percheiros e elexir o lugar no que ordenaremos as nosas pertenzas durante todo o curso.
este foi o resultado!!