HOXE REMATA O CURSO...UN CURSO MOI DIFERENTE MARCADO POR UNHA CUARENTENA QUE NOS OBRIGOU A SEPARARNOS E PERMANECER EN CONTACTO UNICAMENTE A TRAVÉS DE MEDIOS DIXITAIS.
COMEZAMOS O TRIMESTRE CUN VÍDEO NO QUE NOS INTERESAMOS POLOS COMPAÑEIROS/AS E LLES DEMOS ÁNIMOS PARA NON DECAER, E HOXE REMATÁMOLO DO MESMO XEITO, PERO ESTA VEZ DESEXANDO UNHAS FELICES VACACIÓNS E TRANSMITINDO O DESEXO DE VOLVER A REUNIRNOS!!
NON ESQUEZADES QUE POR MOITO QUE MEDREDES, A PROFE CRIS SEMPRE SERÁ A VOSA PROFE, E ESTÁ MOI ORGULLOSA DE TER FORMADO PARTE DA VOSA VIDA!!
Para rematar o curso, o profesorado de Infantil queremos darvos as gracias con este vídeo polo gran esforzo feito por nenos/as e familias durante a cuarentena. Estamos moi orgullosos de todos e todas vós!!
Desexamos que pasedes un fantástico verán e collades moitas forzas para comezar o novo curso en Primaria!!
Non esquezades que podedes contar coas vosas profes de Infantil sempre que nos precisedes.